Asociación de técnicos do audiovisual de Galicia

Asociación de técnicos do audiovisual de Galicia

Texto da Plataforma de técnicos do audiovisual en protesta pola política audiovisual da Xunta/AGADIC. PDF Imprimir E-mail
Escrito por Administrator   
Lunes, 30 de Abril de 2012 10:00

A Plataforma dos técnicos do audiovisual, na que se aglutinan CREA, AGAG, AAAG e ATEGA, vimos de redactar un escrito no que protestamos pola política audiovisual da Xunta de Galicia e AGADIC.

Texto íntegro:

PLATAFORMA PROFESIONAIS DO AUDIOVISUAL
A plataforma que aglutina as asociacións de profesionais do audiovisual reclama unha mellor xestión da política audiovisual por parte da Xunta de Galicia.
Os 600 profesionais que están representados polas diversas asociacións de profesionais de Galicia queren chamar a atención da Administración sobre a ausencia dunha política audiovisual clara. Os profesionais consideran un erro que, logo de tres anos de lexislatura, siga sen haber dentro da estrutura da Administración ningunha figura con experiencia específica en políticas audiovisuais internacionais, o que provocou -e segue a provocar- unha deriva administrativa que dificulta o aproveitamento eficaz dos recursos públicos.
Así mesmo, a plataforma considera que a anulación total das axudas ó talento, a I+D do noso sector- é unha medida equivocada, pois é a liña de axudas que, con menor investimento, maiores beneficios xerou no sector, como testemuñan varias das producións máis exitosas dos últimos anos no audiovisual galego.
Consideramos tamén:
  1. Reclamar, dunha vez, cales son as liñas da política audiovisual da Xunta de Galicia e cal é o seu plan para o sector, non só para o que remata de lexislatura, senón a medio prazo, coñecer o seu criterio. Rematar coa desorientación administrativa.
  2. Coñecer cal é o futuro organismo que vai asumir esas competencias do audiovisual e a súa posta en marcha inmediata (canto tempo hai que foi a reunión con Feijoo?). Saber quen é o interlocutor/a válido da Xunta en materia audiovisual. Quen é a persoa que traza a idea xeral da política audiovisual, a que nos pode recibir e departir cos profesionais. Un perfil que entenda o audiovisual e fale a mesma linguaxe. Cal é exactamente o organigrama previsto para o novo organismo audiovisual. Dar a coñecer un interlocutor válido.
  3. Demandar a posta en marcha de plans que poidan suplir a desaparición das axudas a producións en linguas cooficiais, suprimidas polo Goberno central, co conseguinte desastre para Galicia, onde o idioma é piar e razón de ser da existencia dun audiovisual propio.
  4. Garantir o papel da TVG como medio público, pero tamén como motor da industria e do mercado laboral dos profesionais. Coñecer o plan do organismo competente do audiovisual e da televisión pública a medio prazo. ¿Que tipo de producións pensan poñer en marcha? ¿Cales serán os criterios por onde podemos esta preparados para tirar? ¿Que tipo de medidas hai que coordinen os contidos entre organismos audiovisuais da administración e televisión pública para coñecelos os profesionais e poder rendibilizalos no noso traballo futuro?
  5. ¿Que plans teñen pensado para reactivar o sector mais alá do discurso “non-hai- un-peso”? Cales son as ideas para desenvolver o audiovisual nese contexto?
  6. Esixencia de cumprir con rigor os compromisos e condicións legais nos equipos técnicos e artísticos galegos nas producións e coproducións financiadas pola Xunta de Galicia-Agadic.
ENTREVISTA ANXO QUINTANILLA Febreiro 2012 (“A integración vai levar un tempo”)
VAZQUEZ ANUNCIA NO PARLAMENTO (14/2/2012), a desaparición do Consorcio e unha portela única...
Última actualización el Lunes, 30 de Abril de 2012 10:11
 
Taller y jornada "Rodar en película. Así de fácil", "Por qué rodar en película" PDF Imprimir E-mail
Escrito por Administrator   
Martes, 24 de Mayo de 2011 09:40

S8, Mostra de Cinema Periférico y ATEGA en colaboración con KODAK España, organizan  una jornada de presentación para profesionales abierta y gratuita: ¿Por qué en película?.  Y un taller (workshop) de Cinematografía en 35mm “Rodar en película. Así de fácil”

S8, Mostra de Cinema Periférico, es un evento cinematográfico internacional que reúne las nuevas tendencias cinematográficas que hoy en día son vanguardia y que están suponiendo la renovación de un arte, “EL CINE” que actualmente está en plena transformación.
La Mostra (S8) celebra que los viejos formatos continúan más vivos que nunca a través de películas e instalaciones en las que se celebran lo amateur, pop y familiar y el cine «con mayúsculas».
El (S8) tiene como sede el histórico edificio de la Antigua Cárcel Provincial de  la ciudad de A Coruña .
Encuadrado en las jornadas de la Segunda Mostra de Cinema Periférico S8 en A Coruña, que se celebra entre  el 2 y 5 de Junio de 2011, el SÁBADO 4 tendrá lugar la jornada.
Se divide en una presentación para profesionales, gratuita y de libre asistencia por la mañana y un taller de 35mm por la tarde.

En la presentación de la mañana se tratarán los siguientes temas:
¿Por qué en película?
-La película como punto de referencia para nuestra industria.
-Características de la pelicula que definen el "look cine" 

-Flexibilidad y compatibilidad de la película 

-Costes 

-La película y el mundo digital
-La imágen imperecedera 

-El dilema digital.

El taller o workshop, de la tarde responde al siguente esquema.
Rodar en película. Así de fácil

Formatos y opciones en negativo.
 

-¿Por qué elegir la película?. Calidad y Archivo 

-Formatos de captura en 4 , 3 y 2  perforaciones 

-Flujos de trabajo. Intermediate Digital
Se rodará con película KODAK en 35mm tanto en exteriores como en interiores para revelar y proyectar con posterioridad. Se usarán 2 equipos completos de cámaras profesionales de 35mm.
La jornada será impartida por JESÚS HARO, y se desarrollará en las instalaciones del festival S8, en la antigua cárcel de A Coruña 

Es una gran oportunidad para los productores, directores de fotografía y  estudiantes de cine que quieran tener la experiencia de rodar con una cámara de  35mm y descubrir lo fácil y emocionante que es rodar en cine.
Los participantes se dividirán dos grupos y dos turnos y rodarán con la luz disponible con distintas emulsiones de negativo Kodak.
El workshop de la tarde, por motivos de organización, estará restringido a un máximo de 20 participantes que deberán realizar su inscripción bajándose esta la solicitud(840KB .doc) y enviándola a Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
El precio para el taller de la tarde se establece en 100 euros (80 para socios de ATEGA) e incluye TODOS los gastos de cámaras, material de apoyo de iluminación, negativo, laboratorio, etc.
En el caso de que se sobrepase el número de plazas disponibles, Jesús Haro hará una selección de participantes en función de su perfil profesional.

Organizan

 

Colaboran
Última actualización el Martes, 24 de Mayo de 2011 10:25
 
Primeira semana, web en probas PDF Imprimir E-mail
Domingo, 25 de Octubre de 2009 02:30

Hola a tod@s:

Esta primeira semana estamos facendo probas de funcionamento na nova web.

Como primeira publicación queremos deixar constancia do feito de que o sábado 24 tivo lugar a primeira asemblea TACE-ATEGA Galicia.

 Moito haberá que falar e discutir no noso recén estrado FORO sobre o tema. Coa vosa axuda seguro que poderemos establecer unha liña de debate/traballo/discusión para avanzar.

Como primeira valoración queremos simplemente deixar constancia que consideramos un éxito tanto o número de participantes coma o espíritu que se percibiu nos niveis de interese e compromiso dos asistentes.

Un primeiro paso esperanzador que augura un futuro, cando menos viable, a esta iniciativa.

Quere ser esta primeira ( e provisional ) publicación, un agradecemento a cantos estivéchedes presentes, a cantos fixeron posible esta xornada e a cantos de vos, decidan depositar a confianza e ilusións que precisa este seguinte proxecto da nosa asociación.

"O camiño pode ser longo pero non debemos esquecer que para camiñar, por moi lonxe que estea o destiño todo consiste en poñer un pé diante do outro. De momento, andar, sabemos"

Moitas grazas a tod@s, e lembrade que dende este novo espazo trátaremos de construir e organizar entre tod@s o instrumento de comunicación que pretendemos que sexa esta renovada páxina WEB.

Unha aperta.

Juan Morgade.

 

 

 
Área para socios. Usuario e contraseña. Dúbidas. PDF Imprimir E-mail
Lunes, 26 de Octubre de 2009 19:12

Estimados socios:

Comunícame o administrador da páxina que o procedemento para adquirir o usuario e contraseña que darán acceso ó sistema e tan sinxelo que non tedes que facer nada. O propio administrador vai facer o traballo por vos e o sistema enviará ó voso correo, os datos de acceso.

Unha vez que teñades o acceso poderedes acceder ó voso perfil onde poderedes escoller unha nova contraseña si o desexades.

Este paso de facer que teñades usuario e contraseña vai aparellado o remate dos traballos de creación da LISTA DE CORREO.

A lista de correo é unha nova ferramenta para que podamos enviar circulares, etc e para a comunicación interna entre asociados.

En canto este servicio estea listo o inauguraremos coa comunicación oficial de que a nova páxina está lista e en funcionamento.

A partir de aquí iremos incorporando os novos servicios, abriremos o Foro.....

Seguimos traballando.

Un saudo.

Última actualización el Miércoles, 21 de Abril de 2010 16:54
 
Benvidos á nova web de ATEGA. PDF Imprimir E-mail
Escrito por Administrator   
Viernes, 23 de Octubre de 2009 08:34

Acabas de acceder á nosa nova web.
Neste sitio poderás estar ao día das nosas actividades, e novidades no sector audiovisual galego.
Esperamos que sexa da túa utilidade.

Última actualización el Lunes, 23 de Noviembre de 2009 22:09
 
 
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack